Friday 10 de May de 2024

As persoas do programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón celebran o entroido disfrazados de filloas e con gorros dos Xenerais da Ulla


Os homes e mulleres participantes no programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón celebraron o Entroido cunha gran festa no local social de Vigo, á que se sumaron algúns familiares. Os maiores elaboraron os seus propios disfraces de filloas de Boqueixón, acompañados duns gorros de Xenerais da Ulla. A festa incluíu a degustación de filloas e orellas, así como música e baile grazas á colaboración dun grupo de música tradicional.